dilluns, 13 de maig del 2013

I ja son 7 anys publicant POESIA!!!!!!!!!

Aquest mes de maig, El llop ferotge arriba als 7 anys publicant POESIA!!!
I ho fem de la millor manera, anunciant-vos la realització de quatre nous recitals i presentacions:

Començem el Dimecres 15 de maig, presentació a la llibreria l'Altell de Banyoles de "11 raons per no anar a dormir" d'Eva Bussalleu, 20:00 h; 

Divendres 17 de maig, 19:30 h, presentació a l'Auditori del Centre Cultural Sala Galà, de Cassá de la Selva, de "La noche oblicua" de Nadine Garralda


 5 de juny, recital ferotge a L'HOriginal de Barcelona, presentant "Negre, sempre negra" de David Casadellà i "La noche oblicua";

 Rematem a Girona dijous 13 de juny, amb una gran NIT POÈTICA al Casal Independentista El Forn, 21:00 h.

Agraïm a tots els amics i amigues que han estat al nostre costat, particularment als qu eja no hi son, com el co-fundador d'aquest projecte, l'inoblidable Albert Compte, que ens va deixar l'octubre de 2007, i a en Julio Acuña, poeta costarricenc i universal que també va saber deixar la seva empremta.

En set anys, 11 números d'una revista d'art i poesia, i 12 títols en Poesia constitueixen la nostra trajectòria... Vine a descobrir-la!!!!!!!

2 comentaris:

Anònim ha dit...

Los Bogavantes Bolañistas de La Charca vam ser dimecres 5 de Juny a l'Horiginal. Una vegada més la poesia ferotge aconseguí la catarsi que necessitem. El llamàntol més lletraferit de tots nosaltres va escriure en el blog "El voto con botas" -amb el seu nom de guerra Detective Crespuscular- això:

"Onte á noite tocou o enésimo espectáculo de EL LLOP FEROTGE (O Lobo Feroz). Quero dicer, nit poètica/noite poética/noche poética. Vós mesmos podedes ver en Google de que vai isto de EL LLOP FEROTGE. Eu puxen este pequeno texto para que se vexa a “multiculturalidade” auténtica deste grupo de entusiastas da poesía. O espectáculo comeza por ver como un grupo de xente onde hai chilenos, arxentinos, uruguaios, gironins, etcétera, poden conviver através da poesía dun xeito tan fraternal e civilizado. Editaron 11 números da revista EL LLOP FEROTGE (un deles dedicado a Roberto Bolaño, autor que en certa maneira “inspira” ao grupo) e agora dedícanse á edición de libros de poesía. Que nestes tempos de “crise” e betsellerización cultural un grupo de persoas residentes a maioría delas en Girona aposte pola poesía a base de recitais en bares e vendas incertas ten un mérito impagábel. Onte viñeron a Barcelona a presentar os dous últimos libros editados, un de Nadine Garralda e o outro de David Casadellà, un en español e o outro en catalán, sen delirios intereconómicos nen trecetelevisionarios. Como a Nadine non pudo estar, encarregouse o extraordinario animador/axitador cultural chileno Jorge Morales (a quen podedes ver nalgún dos enlaces de Google) de ler dous poemas do seu libro, e o David Casadellà, nun catalán saído do mais profundo da gorxa do Empordà, acompañado á guitarra eléctrica polo uruguaio Javier Ciancio e en plan os vellos/novos poetas/rokeiros nunca morren, recitou/cantou con énfase e paixón boa parte dos poemas do seu libro NEGRE, SEMPRE NEGRA. Un espectáculo de boa poesía e de convivencia multicultural ao que xa nos teñen acostumados. Afinal quedamos a tomar unhas cervexas e uns pinchos e pudemos intercanviar algunhas palabras con esta xente borbullante de fulgores poéticos. Esas pequenas cousas da vida. Eu aproveitei para comprar tamén SUEÑO SIN FIN, o libro de Mario Santiago Papasquiaro (o Ulises Lima de LOS DETECTIVES SALVAJES de Bolaño) con limiar de Bruno Montané Krebs (o Felipe Müller do mesmo libro de Bolaño), outro daqueles mozos infrarrealistas mexicanos que acostuma estar presente en todos os actos que teñen a ver con Bolaño ou arredores poéticos vencellados ao espírito de Bolaño e que se pode ver nunha daquelas fotos históricas do grupo. Pedinlle, claro está, ao Bruno que me botara unha firmiña como prologuista do libro de Mario Santiago e botouma. Cuando o vin, comenteille “Joder, estar fronte a un personaxe de Bolaño”, e riuse. Etc.

P.D. Se os entes intereconómicos e trecetelevisionarios pudesen asistir a un recital poético desta xente ou simplemente convidalos a un deses programas alucinantes dos seus para falar, dialogar con eles, cousa que non acostuman facer porque estes elementos ultratertschianos non saben dialogar senón interrogar inquisitorialmente e acosar e pór contra a parede aos convidados, quedarían en evidencia e non saberían por onde sair nen que facer para manter esa rectitude intransixente que lle seca as ideas. Non saben o mal que lle fan á convivencia das persoas, das ideas, dos povos…"

Un abrazo a todos. Arturo Belano

Llop ha dit...

Muchas gracias queridos amigos por vuestro comentario y presencia en nuestro acto... Abrazos grandes!!!!!! :)